Saltar ao contido

Manuel Dourado Deira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaManuel Dourado Deira

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento30 de agosto de 1929 Editar o valor en Wikidata
O Araño, España Editar o valor en Wikidata
Morte26 de decembro de 2012 Editar o valor en Wikidata (83 anos)
Rianxo, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosOlga Dourado González Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1390425 AELG: 447 BUSC: dourado-deira-manuel-1929-2012 Dialnet: 4163764

Manuel Dourado Deira, nado no Araño (Rianxo) o 30 de agosto de 1929 e finado no mesmo concello o 26 de decembro de 2012[1], foi un escritor galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu no seo dunha humilde familia labrega, practicando a labranza na casa de seus pais até a puberdade. Estudou Maxisterio na Universidade de Santiago de Compostela, obtendo tamén o título de Licenciado en Dereito na mesma Universidade. Foi profesor de EXB no colexio Castelao de Rianxo.

Ten exercido tamén o periodismo, particularmente o de opinión, en medios como Faro de Vigo e La Voz de Galicia, e desde 1988, en El Correo Gallego, O Correo Galego e Galicia Hoxe. Foi membro do Consello de Redacción de Encrucillada.

  • Conversas con Teresa Castelao (Anecdotario dun século de vida), 1999, Sotelo Blanco.
  • A Mestresa da Casa-Museo: Unha Rosalía rediviva, sobre Maruxa Villanueva, 2009, Deputación da Coruña.
  • O primeiro retorno de Castelao, 2014, Axóuxere Editora.

Obras colectivas

[editar | editar a fonte]
  • Premio de periodismo Ruta Xacobea no 1991.
  1. "Pesar en Rianxo por la muerte del profesor y escritor Manuel Dourado Deira a los 83 años". Arquivado dende o orixinal o 31 de decembro de 2012. Consultado o 26 de decembro de 2012.